Neste proxecto deseñamos e documentamos un labirinto físico modular e reconfigurable para probas e competicións de robots tipo micromouse. A proposta parte dunha base dividida en paneis 3×3 para facilitar o transporte, a montaxe e a reconfiguración rápida de percorridos, mantendo un formato alineado con regras habituais de labirintos empregadas en contornas de robótica educativa e competitiva.
Para a fabricación definimos unha estrutura mixta: base e paredes en madeira, complementadas con postes/soportes impresos en 3D (modelados en FreeCAD e exportados a STL) que permiten fixar e reorganizar as paredes con estabilidade. O repositorio inclúe os ficheiros de deseño e referencias para xerar e cargar mapas de labirinto, e o estado do traballo está marcado como WIP, co foco en validar medidas e probar configuracións mínimas antes de iterar cara a versións máis completas.