MÁQUINAS
A continuación detállanse os tipos de equipamento e materiais que se ofrecen dentro da Industriosa e están dispoñibles para o seu uso por parte de todos os socios.
Corte controlado por ordenador
xTool F2 Ultra
Combina un láser MOPA de fibra de 60 W cun láser de díodo de 40 W, permitindo gravar e cortar metais e materiais como madeira, MDF, coiro ou acrílico. O seu láser MOPA permite tamén o prototipado de PCB mediante ablación directa do cobre, creación de pistas e pads e procesado de substratos compatibles.