A continuación preséntanse os proxectos impulsados e desenvolvidos na Industriosa, realizados por socios e socias da asociación e abertos ao seguimento e desfrute de toda a comunidade.
Anos 2024-2025
Sistema domótica software e hardware libre
Instalación de Home Assitant para o control dos consumos do local, luces e altavoces de son. Proxecto que se esta mellorando cada ano.
Ano 2025
Desenvolvemento de comunicacións subacuáticas empregando tecnoloxía DSP e Raspberry Pi
Ano 2025
Decoración Personalizada (Atención Temperá)
Elaboración de elementos decorativos personalizados que contribúan a fomentar a participación e a motivación dos nenos e nenas que acoden a servizos de atención temperá.
Ano 2025
Estanterías de Organización para Escritorio (Ensamblado)
Fab Academy 2025
Structural Monitoring of a Timber Arch
Realizado por Francisco Ruz
Unha ponte de madeira autoensamblable en arco con monitorización estrutural: células de carga, acelerómetros e LEDs que indican o estado en tempo real.
Fab Academy 2025
The bending bench
Realizado por Pepe Vázquez
Banco interactivo que mostra en tempo real como o teu peso flexiona unha viga, usando células de carga e panel LED para visualizar forzas.
Ano 2024
Sistema de son sen fíos Multi Room Room
Sistema de altofalantes WiFi sincronizados con firmware Squeezelite-ESP32 e servidor Lyrion en rede local.
Ano 2024
Ratibroombroom
Robot tipo micromouse para resolver labirintos, de código aberto, con electrónica STM32, sensores IR/IMU e control de dous motores para navegación precisa.
Ano 2024
Recicladora de PLA
A extrusora-bobinadora é unha máquina que fai un todo nunha soa. Máquina capaz de aproveitar material de pezas fallidas ou pezas de prototipos para xerar novo filamento
Ano 2024
DSKY Home Automation
Réplica do DSKY Apollo (Display/Keyboard), panel do ordenador das cápsulas, con software para abrir portas en remoto e outros controis domóticos.
Ano 2024
Impresoras con Klipper
Instalacaión de klipper para darlle un plus de velocidade as impresoras que temos no local e de paso conseguir aprender un pouquiño máis sobre estas máquinas
Ano 2024
Máquina de mecanizado CNC
Fabricación de máquina de mecanizado CNC de gran formato para madeira e metais
Ano 2024
A Industriosa Branding
O proxecto integra os logos dos patrocinadores coa domótica do local mediante paneis interactivos, empregando só ferramentas e software libres de fabricación dixital.
Ano 2023
RustyBugA
RustyBugA continúa a robótica de A Industriosa cun firmware open source en Rust para robots segueliñas de competición (MightyBugA) colaborativo libre.
Ano 2023
MiniTKL
Un teclado deseñado para maximizar o espazo no escritorio ao eliminar a sección numérica do teclado estándar.
Ano 2023
Pixel Board
Hardware e firmware dunha pantalla de píxeles intelixentes en Rust para ESP32-C3 (RISC-V).
Ano 2023
Barco Solar AI-2023
Barco solar fabricado para participar na Regata Solar: casco en impresión 3D e electrónica propia para xestionar a placa solar.
Ano 2022
Sensores CO₂ maker
Deseño e creación de sensores CO₂ maker con Arduino/ESP-8266 para avaliar ventilación, interpretar lecturas e reducir riscos en espazos compartidos.
Ano 2021
Motor Synth: A MIDI synthesizer using motors
Ano 2020
Solar MPPT board
Placa MPPT educativa: mide V/I con INA219 e Arduino Nano e axusta a carga/ESC para extraer a máxima potencia do panel solar.
Ano 2020
Duplicando Respiradores #Covid19
Peza open source imprimible en 3D que permite repartir un respirador de UCI para uso simultáneo por máis dun paciente, fabricable rápido.
Ano 2019
mClon: robótica educativa libre, accesible e lista para a aula
mClon é un robot educativo libre e de baixo custo, inspirado no mBot, que permite programar con mBlock e tamén traballar en modo Arduino para ampliar contidos e nivel.
Ano 2019
Retrodiosa
Recreativa xigante “todo en un” feita con pezas reutilizadas (TV HD + PC con Xubuntu/Retropie), moble retro a medida, marquesina litofanía e vinilos.
Ano 2019
Micromouse Maze Design
Deseñamos un labirinto micromouse modular en paneis 3×3, con base e paredes en madeira e postes 3D, para reconfigurar mapas e probar robots.
Ano 2018 – 2020
Fanequiña
Un barco autónomo e solar desenvolvido pola asociación orientado a navegar de forma autónoma.