13 de Xuño de 2026
Bouzas (Vigo)
O propósito é o deseño dun vehículo eléctrico de radio control propulsado unicamente por enerxía solar.
A motivación é incentivar as inquietudes dos alumnos pola tecnoloxía e as enerxías renovables, respectando o medio ambiente.
AXENDA E COMPETICIÓN
Venres 12 de xuño 2026
O primeiro día, coincidindo coas actividades conmemorativas do 25 aniversario da creación de CETMAR, reservarase unha zona específica para a exposición pública dos barcos construídos. Durante a mañá realizarase a actividade de presentación técnica por parte dos centros educativos participantes.
Para a avaliación dos traballos de exposición e documentación, as presentacións poderán consistir tanto nunha exposición xeral de todo o proxecto como nunha descrición pormenorizada dalgunha tecnoloxía específica da embarcación.
Habilitarase un espazo específico onde o equipo poderá realizar a exposición ante o xurado e o resto de participantes. A presentación terá unha duración máxima de 6 minutos.
11:30 → 12:30 Instalación dos barcos nos expositores
13:00 → 13:40 Exposicións técnicas
Os barcos permanecerán expostos, como mínimo, durante a mañá, pero poderán ser retirados unha vez realizadas as exposicións, no caso de que os equipos necesiten facer reparacións para deixalos operativos de cara ao día seguinte.
Sábado 13 de xuño 2026
Realizaranse 4 regatas: 2 de velocidade e 2 de manobrabilidade e resistencia.
A localización será na baía de Bouzas.
Haberá unha zona reservada na praia, onde se colocarán mesas de traballo para que os equipos poidan realizar os axustes necesarios antes da competición.
Trátase dunha zona privilexiada, xa que as embarcacións poderán manexarse tanto desde a praia como desde o paseo.
A saída está baseada nos procedementos de saída que se empregan nas regatas de vela e divídese en varias fases, que se marcarán con sinais acústicos mediante unha bucina.
AVISO: 5 minutos antes da saída
Soará unha bucina e avisarase aos participantes para que se acheguen coa súa embarcación á zona de saída. Neste momento, todas as embarcacións permanecerán suxeitas polos participantes e cos motores apagados. O xurado realizará as comprobacións necesarias e taparanse os paneis solares ata o seguinte sinal.
PREPARADOS: 1 minuto antes da saída
Soará unha bucina. Neste momento, os participantes deberán destapar os paneis solares e soltar as embarcacións. Os pilotos poderán arrancar os motores e navegar libremente pola zona de saída. Durante este minuto penalizarase ás embarcacións que crucen a liña de saída. Recomendamos achegarse á liña de saída a medida que remate o minuto, pero sen cruzala antes de tempo.
Sinal de SAÍDA
Ao soar o bucín de saída, os participantes poderán cruzar a liña de saída e realizar o circuíto da regata.
09:00 → 10:30 Recepción e probas libres
10:45 → 11:00 Regata de velocidade
11:30 → 12:00 Regata de resistencia
12:15 → 12:30 Regata de velocidade
12:45 → 13:10 Regata de manobrabilidade
13:30 → 14:00 Entrega de premios e peche da competición
CURSOS CETMAR
Entre xaneiro e abril de 2020 desenvolvéronse o seguintes seis talleres, no marco do proxecto MATES dirixidos tanto a docentes como a estudantes. Elaborouse un vídeo de cada un deles, que resume o contido de cada taller.
Recomendámosvos ver todos os vídeos xa que nos parecen de gran utilidade e vos aydudarán coa preparación da competición. Non soamente crémolo nós sinó que foron galardoados nos Atlantic Project Awards e o éxito do proxecto pódese ver en o informe Layman que presentan (un tipo de informe de resultados que se utiliza habitualmente en divulgación relacionada co medio ambiente).