FAB ACADEMY 2026

How to Make (Almost) Anything

O laboratorio tecnolóxico cidadán vigués é un dos centros formativos desta prestixiosa formación internacional de Fabricación Dixital coordinada polo director do Centro de Bits e Átomos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.

O Fab Academy está dirixido por Neil Gershenfeld, o director do Centro de Bits e Átomos do MIT (o Instituto Tecnolóxico de Massachussets) e principal impulsor desta forma de “facer ‘case’ calquera cousa” aproveitando a potencia da computación e as máquinas controladas por computador, como poden ser as impresoras 3D, as fresadoras CNC (de Control Numérico Computerizado), as cortadoras láser e as de vinilo.

Á que se suman nocións de electrónica e de aprendizaxe dos controladores robóticos tipo Arduino ou Raspberry Pi coas que controlar as súas creacións para destinalas a labores determinados que liquiden calquera problema, ou quizais para unha instalación artística ou controlar a distancia certo tipo de instalacións dentro do que se chama da internet das Cousas.

Con este tipo de máquinas os alumnos do Fab Academy poden prototipar “practicamente calquera invento” e chegar a construír as súas propias máquinas ou dispositivos, xa que o principal motivo do curso é que aprendan a levar a cabo un proxecto e documentar o proceso de realización do mesmo. Conséguese o diploma final do curso, duns seis meses de duración, se se termina o traballo que o alumno presentou.

A formación é perfecta para enxeñeiros de todo tipo, deseñadores de produto e arquitectos, aínda que calquera afeccionado a estas tecnoloxías emerxentes pode matricularse, e realízase en inglés, e é necesario certos coñecementos de electrónica e, sobre todo, estar presente nas clases presenciais por videoconferencias dos mércores, que consisten en presentacións do que leva feito durante o curso; aínda que tamén se pode cursar en remoto.

O Fab Academy ofrece unha formación de altísimo nivel que só se pode obter en España en Barcelona, Madrid, León, Vigo ou Cuenca nun sector cunha fortísimas posibilidades emerxentes, xa que é o núcleo do que vén a chamar Industria 4.0. O alumno comprenderá os fundamentos da fabricación dixital, a que se realiza convertendo os bits en átomos, é dicir: a que converte os deseños parametrizados de computador en realidade. Unha forma de fabricar as cousas que será unha das máis valoradas no futuro.

Para matricularse no Fab Academy, é necesario contactar coa Industriosa enviando un correo electrónico á dirección directiva@aindustriosa.org. Para máis informarción do que é esta formación de alta calidade internacional, e os coñecementos que se poden recibir, pódese facer na súa propia web Fabacademy.org

Como funciona?

Cada Fab Lab que participa no programa Fab Academy (ver lista aquí) é parte dunha rede global de Fab Labs/Fab Academy. Estes Fab Labs son Nodos que ofrecen o programa Fab Academy.

Os estudantes ven e participan en conferencias globais transmitidas todos os mércores de 9:00 am a 12:00 pm, hora do Leste. As conferencias grávanse e están dispoñibles para os estudantes durante todo o semestre. Ademais das conferencias, hai 2/3 días de laboratorio cada semana, onde os estudantes teñen acceso ao equipo de fabricación dixital e axuda personalizada cos proxectos. Cada Fab Lab establecerá o horario para estes días de laboratorio.

O corpo docente do Fab Academy, que son líderes nos seus respectivos campos, ofrece conferencias globais en vídeo, supervisa o contido académico e guía a investigación. A instrución práctica nos laboratorios é proporcionada por instrutores que supervisan e avalían os Certificados, desenvolven e difunden material instructivo e axudan cos proxectos.

Program details

• Classes start on Mid-January
• Duration: 5 months of class + 1 of Evaluations
• Global Classes: Wednesdays 9:00 to 12:00 EST (ranging from 6:00 on the West Coast to 23:00 in Japan)
• Final project: Delivered on June
• Dedication: 20-30 hours a week (depending on prior tech background)
• Language: The course is taught in English

For more information, check out the class curriculum, the archives and the class schedule.

CONTIDOS DO PROGRAMA FAB ACADEMY

  1. Principios e prácticas de fabricación dixital
  2. Xestión de proxectos
  3. Deseño asistido por ordenador
  4. Corte controlado por computador
  5. Produción electrónica
  6. Mecanizado controlado por computador
  7. Deseño de electrónica
  8. Molde e fundición
  9. Materiais compósitos
  10. Programación embebida
  11. Impresión 3D e escaneado
  12. Dispositivos de entrada (sensores)
  13. Programación de interfaces e aplicacións
  14. Deseño mecánico
  15. Dispositivos de saída
  16. Redes e comunicacións
  17. Deseño de máquinas
  18. Aplicacións e implicacións
  19. Desenvolvemento de proxecto
  20. Invención, propiedade intelectual e financiamento

Proxectos Fab Academy de A Industriosa

Queres descubrir do que vas ser capaz coa nosa formación en fabricación dixital?

Estes son algúns dos proxectos de fabricación dixital realizados polos nosos alumnos de Fab Academy.

Fab Academy 2025

Structural Monitoring of a Timber Arch

Realizado por Francisco Ruz
Unha ponte de madeira autoensamblable en arco con monitorización estrutural: células de carga, acelerómetros e LEDs que indican o estado en tempo real.
Fab Academy 2025

The bending bench

Realizado por Pepe Vázquez
Banco interactivo que mostra en tempo real como o teu peso flexiona unha viga, usando células de carga e panel LED para visualizar forzas.

Fab Academy 2025 - A Industriosa

Fab Academy 2025 en A Industriosa supuxo un itinerario intenso de aprendizaxe en fabricación dixital, desenvolvido polos tres investigadores da ETSAC – Universidade da Coruña: Pepe Vázquez, Francisco Ruz e Pablo Guindos. Semana a semana foron abordando os grandes bloques do curso —dende o corte controlado por computador e o deseño asistido por ordenador ata a electrónica, a programación embebida, o escaneado e impresión 3D, os dispositivos de entrada e saída, as redes e comunicacións ou o deseño mecánico e de máquinas— sempre a través de proxectos prácticos realizados no Fab Lab de Vigo.

Nesta páxina recóllense as tarefas grupais de cada semana, que amosan como o equipo foi experimentando coas ferramentas do laboratorio —CNC, impresión 3D, electrónica, programación de interfaces— e avanzando cara aos seus proxectos finais: The Bending Bench de Pepe Vázquez e Structural Monitoring of a Timber Arch de Francisco Ruz. Tamén se documenta o proxecto conxunto de Machine Design (Camera Slide), que resume o espírito do Fab Academy: aprender facendo, compartir coñecemento e construír en comunidade arredor da fabricación dixital.

Ver Fab Academy - A Industriosa 2025