Formar parte de A Industriosa dálle ás persoas socias acceso a espazos, coñecemento e ferramentas moi valiosas…
Pero tamén implica unha responsabilidade compartida para que a comunidade siga funcionando.
Dereitos
- Uso das instalacións e máquinas para as que estás formado.
- Ampliación do coñecemento a través de material compartido por outros asociados, cursos de formación e realización de proxectos.
- Fai que a túa experiencia no laboratorio sexa incriblemente agradable.
- Desenvolve todas as túas ideas e proxectos.
Responsabilidades
- Coidado, orde e limpeza das instalacións e máquinas que compoñen o laboratorio: sen elas non se cumprirán os nosos obxectivos.
- Comparte o teu coñecemento con outros asociados documentando as túas actividades no laboratorio e axudando aos compañeiros que o precisen.
- Colaboración na xestión da Industriosa, dando resposta ás solicitudes que os responsables do grupo fan aos asociados.