Unha máquina recreativa de gran tamaño fabricada completamente na asociación. O base do proxecto e a reutilización de diferentes elementos para darlles unha segunda vida e evitar que estes rematen nun punto limpio. Por outro lado, conseguese unha máquina recreativa capaz de correr multitude de xogos e ser capaz de ser un todo nun.
A base do proxecto e unha pantalla plana de televisión HD, un PC vello e numerosos botóns e Joysticks. O PC emprega unha distribución Xubuntu moito máis lixeira en canto a consumo de recursos o que deixa máis marxe para a execución dos xogos. O software instalado para correr os xogos é Retropie. Este software, na súa derradeira versión, tiña problemas de compatibilidade cos novos escritorios de Linux polo que se tiveron que modificar as rutinas de comezo que veñen distribuidas de serie. Modificouse ademáis a rutina de inicio para que ó acender a máquina, esta ingrese directamente nun xogo para facela máis plug-and-play.
O moble esta deseñado a medida e cortado mediante caladora imitando as recreativas da época. Para manter este proxecto low-cost, pintáronse todas as madeiras a modo de protección e unificar “cores” dado que empregáronse algunhas madeiras de diferente tipo. Na zona dos botóns, empregouse unha chapa para manter esa estética “retro” de antes.
Deseñouse unha marquesina superior, fíxose unha lámina con impresión para crear unha lámpada coa técnica de “litofanía”. Esta técnica consiste na creación dunha lámina con distintos grosores o que mediante a proxección de luz a través da mesma da o efecto dunha imaxe en escala de grises debido ós distintos niveles de opacidad da lámina. Neste caso a marquesina fabricouse usando as impresoras 3D do local en 3 partes debido o seu gran tamaño e imprimíronse os soportes para os leds que proxectan a luz dende a parte traseira.
Por último, engadíronse como decoración vinilos para os laterais da recreativa e as botoneiras. O deseño segue o logo da asociación. Fixéronse en Inkscape e cortáronse usando o plotter de corte co que conta a asociación. Por último cambiáronse os botóns e switches que estaban corroidos pola humidade por uns novos. Axustouse o cableado dos botóns para que coincidan nos dous xogadores e engadíronse botóns extras para sumar créditos virtuais (substituindo ó moedeiro). Estos botóns situaronse no frontal da Retrodiosa cun soporte impreso en 3D impreso no local. Por último integrouse a máquina como parte da monitorización domótica mediante Home Assistant que se está a implantar no local.
A máquina está actualmente instalada no recibidor da asociación polo que calquera socio ou asistente ás distintas charlas e obradoiros pode facer uso dela botando unhas partidas.