O proxecto “Pixel Board” (https://gitlab.com/punkto/pixel-board-3d) (https://gitlab.com/punkto/pixel-board-firmware_v2), promovido polos socios da Industriosa, inspirase no proxecto Open Source “PIXELIX” (https://github.com/BlueAndi/esp-rgb-led-matrix). O obxectivo é deseñar o hardware e firmware dunha pantalla con píxeles intelixentes, empregando a linguaxe de programacién Rust e o microcontrolador ESP32 C3, baseado na arquitectura aberta RISC-V.