O Sábado 7 de Novembro as 11:00a.m.

A túa casa tamén ten moito que contar!

O OpenHome Community Day 2026 chega a Vigo e celebrámolo en A Industriosa cun encontro para compartir ideas, experiencias e proxectos arredor do fogar conectado.

Falaremos de Home Assistant, ESPHome e Music Assistant, de automatizacións, sensores e aplicacións… e desas solucións que empezan cun «e se probamos isto?» 😉

Ven ensinar como tes montado o teu sistema, descubrir o que fai outra xente ou coller ideas para empezar. E haberá máis sorpresas!

Compartir