Xoves 21 de Maio de 2026

Obradoiro práctico de IA con Google ADK e Python

Este xoves 21 de maio ás 20:00 teremos unha nova reunión de Python Vigo en A Industriosa.

Os axentes de IA están cada vez máis presentes, pero… como se constrúen realmente?

Nesta ocasión contaremos con Alex Hermida, que impartirá o obradoiro:

20:00 · Construíndo un axente de IA con Google ADK e Python

Será un obradoiro práctico de introdución a Google ADK, no que crearemos un asistente capaz de consultar eventos tech reais de VigoTech empregando Python.

Durante a sesión traballaremos conceptos como:

  • Tools / function calling
  • Prompts
  • Structured outputs
  • Integración con APIs externas

Recomendamos traer portátil para poder seguir o obradoiro e probar os exemplos durante a sesión.

21:10 · PyBirras
Despois achegarémonos a tomar algo a un local próximo para seguir falando nun ambiente máis informal.

Unha boa ocasión para vir, participar e coñecer máis xente interesada en Python en Vigo.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Compartir

Cartel promocional de un taller de IA: 'Obradoiro práctico de IA con Google ADK e Python' por Alex Hermida, 21 de mayo a las 20:00 en Vigo, con info de ubicación y patrocinadores.
Banner promoting a practical AI workshop with Google ADK and Python by Alex Hermida; event details shown at bottom in Spanish/Portuguese.