Xa dixemos a semana pasada que ían ser uns días movidos na Industriosa. Desta volta é un pracer anunciar que renovamos o patrocinio co Centro Tecnolóxico Gradiant.
Gracias a esta nova achega mercamos dous novos gateways LoRa (máis concretamente dous Mikrotik wAP LR8). Un deles permanecerá no noso local para a realización de obradoiros mentres que o outro foi instalado no monte Cepudo de Vigo. Ambos gateways están conectados a rede pública The Things Network de xeito que calquera persoa ou empresa pode sacar partido deles.
Como parte deste patrocino imos tamén a organizar un taller práctico no que introducir a tecnoloxía LoRa. Estade atentos a futuras novidades.