O vindeiro sábado 20 de Xaneiro, contaremos coa participación de Gonzalo Sotelo, un profesional con décadas de experiencia en cibercrimen e que é especialista en casos relacionados con nenos e adolescentes.

A charla, deseñada para profesores e pais, abordará os delitos máis comúns na actualidade. Trataremos sobre os usos e costumes dos rapaces coas NNTT, a percepción que teñen sobre a súa “identidade dixital”, os riscos de determinados comportamentos usuais no seu día a día, responsabilidades dos pais e tocaremos tamén unha ferramenta nova da AEPD que é a Canle Prioritaria. Proporcionaranse pautas para identificar se un neno está a ser vítima destes delitos e explicarase como actuar en caso de atoparse en tal situación.

Gonzalo Sotelo é un experto cunha destacada traxectoria no ámbito da seguridade e a investigación tecnolóxica. A súa formación inclúe diplomados en Policía Xudicial polo Ministerio do Interior e a Escola de Estudos Xudiciais da Universidade Complutense de Madrid. Ademais, completou diversos cursos especializados en investigación tecnolóxica a nivel nacional e internacional.

Ao longo da súa extensa carreira no ámbito do cibercrimen, Gonzalo colaborou con varias universidades galegas como profesor asociado. Na actualidade mantén unha estreita colaboración coa Academia Galega de Seguridade.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.