Dende a asociacón estamos encantados de anunciar unha nova colaboración cunha empresa de contorna, Optare solutions. Optare é unha empresa de Vigo, que leva mais de vinte anos desenvolvende software de primeira calidade.

Optare Solutions é unha empresa especializada na prestación de servizos de consultoría e enxeñería para operadores de telecomunicacións. Con máis de 20 anos de experiencia no mercado nacional e internacional e un equipo de 140 profesionais distribuídos en máis de 5 países, Optare é un referente na implantación de procesos do sistema en áreas como FTTH e 5G.

Colaborando durante moitos anos con diferentes meetups, e eventos da contorna, Optare apoiou o cambio de local, e decidiu axudarnos con mobiliario que xa non utilizaban, facendo que o novo local teña mesas, e cadeiras de primer nivel.

Nos próximos meses a xente de Optare tamén colaborara con eventos didácticos de primer nivel dentro da Industriosa.

Gracias Optare por axudar!