O vindeiro xoves 18 de Xaneiro, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla/workshop e actualización sobre os avances da PyConES.

Forget your passwords… A new beginning Diego Rodriguez [20:00]

Nesta charla / workshop imos mostrar como evitar o uso do contrasinal nos fluxos de autenticación. Partiremos dunha base de código compartida, e mediante o protocolo FIDO2 veremos como se pode usar hardware (Passkeys) e elementos de plataforma para fluxos de autenticación sen o uso de contrasinais, e, ademais, de forma moito máis segura. Veremos tamén a evolución da seguridade e que vantaxes ten sobre os principais ataques que hoxe en día sufrimos cos métodos de autenticación convencionais.

Prerequisitos: chave USB de seguridade (opcional), sistemas biométricos tipo pegada ou face-ids (opcional). Google Chrome instalado no navegador se non se dispón dos anteriores (requirido). Recoméndase traer un portátil.

PyConES 2024 - actualización [21:00]

Comentaremos todo o referente aos pasos iniciais da organización da PyConES 2024, falaremos dos grupos de traballo e os seguintes pasos.

Lightning Talks [21:15]

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.