Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Rompemos un pouco a tradición e en lugar de ir “a saco a por unha kata” charlaremos un pouco sobre value objects e se os estamos usando por encima das nosas posibilidades.
Aínda que se os asistentes vemos que non ten percorrido e que queremos saltar a unha kata, pois saltaremos ao máis puro estilo agile ;)
Buscamos que sexa unha contorna aberta onde podamos compartir as nosas experiencias con este tipo de decisións, as súas cousas boas, os seus problemas etc.
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).