O próximo 25 de maio José Luis falará sobre o xogo subROV: underwater discoveries, no que está a traballar actualmente, e sobre as súas experiencias como desarrollador de videoxogos.

José Luis estudou Composición e Piano no Conservatorio Superior de Vigo, e traballou en numerosos proxectos como compositor e deseñador de son. Na actualidade compaxina o seu traballo como freelance co desenvolvemento de proxectos propios, tanto xogos (subROV), como software e hardware libre (sintetizador modular miniMO)

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).