O próximo 1 de xuño, realizaremos un obradoiro baseado na creación de deseño vectorial para crear deseños para fabricar as nosas pezas coa máquina de corte laser e a máquina de corte de vinilo que temos na Industriosa.

Neste obradoiro, para a elaboración de deseños vectoriais, traballarase coa aplicación Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómodo e de código libre e aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.

Inkscape é unha ferramenta polivalente que se adapta a calquera necesidade á hora da creación de deseños, polo tanto este curso está dirixido a calquera perfil de usuario interesado en aprender a crear deseños de calidade ou mellorar as súas habilidades.

Coñeceremos como xerar os nosos deseños para ser usados na cortadora laser e a cortadora de vinilo, extensións que disponemos en InkScape para realizar os nosos deseños.

Ademáis aprenderemos a manexar os programas de control das duas máquinas que temos na Industriosa.

Ademáis explicaremos as normas de uso e de seguridade da máquina de corte laser.

Recomendamos aos asistentes do obradoiro que traian os seus propios ordenadores portátiles con InkScape instalado para seguir o curso e poder facer as prácticas propostas durante as clases.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).