Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Imos coñecer e practicar TDD coas nosas katas de código aberto. Trátase dun problema sinxelo que nos permite practicar como aplicar, utilizando software libre, TDD cando non tes claro o deseño da solución e como os test che van levando da man ata que o deseño emerxe.
Que tes que traer
Para poder practicar é recomendable que traias o teu portátil listo para traballar nun proxecto da túa linguaxe favorita. Preferiblemente preparado para facer tests. Lembrámosche que poñemos ao dispor, no noso github, proxectos listos para utilizar en linguaxes abertas e libres.
No dojo propoñeremos o exercicio para realizar desde cero ou a partir dun código existente.
Se non podes traer un computador non te preocupes, porque traballaremos en parellas.
Queres propoñer algunha actividade ou tema?
Durante o meetup gustaríanos escoitar as túas suxerencias para novas actividades ou temas.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).