Estás interesado en coñecer Solana, a plataforma blockchain de alto rendemento que pode revolucionar a industria 4.0?

Tanto se es un principiante como se ten coñecementos básicos, este é un evento para ti!

Únete a Jose Corral nunha charla onde se abordará que é Solana, e que onde se explicarán os conceptos principais da tecnoloxía.

Neste meetup vanse explicar:

• Unha explicación das funcionalidades principais e do potencial de Solana.

• As características clave que diferencian a Solana doutras plataformas blockchain.

• Coñecer os distintos casos de uso de Solana en diferentes industrias.

Jose Corral é un desenvolvedor de software no neobanco Qonto, previamente foi CTO de Bysidecar, e Kerad Games. Con ampla experiencia en applicacións feitas con tecnoloxía Solana.

A duración da charla será aproximadamente dunha hora. As prazas son limitadas, así que inscríbete agora!

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).