Unímonos á iniciativa que se celebra en varios países á vez para contribuír ao proxecto Joomla.

Imos probar melloras para incorporalas ao núcleo na seguinte versión.

Tamén a traducir documentación.

Unha terceira opción é colaborar en traducir Joomla ao galego.

Á hora para comer, pizza por cabeza.

Auga, refrescos e cervexas asegurados.

Todo gratis, claro.

Estaremos no local a partir das 9 da mañá, ata despois de comer.

Actividade organizada por A Industriosa e o Grupo de Usuarios de Joomla de Vigo coa colaboración de LucusHost

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).