O vindeiro xoves 15 de Febreiro, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla/workshop e actualización sobre os avances da PyConES.

Un ELT con stack python para resultados electorais por Fran Puga [20:00]

Nesta charla / workshop empezaremos vendo o problema do código a medida para construír unha ferramenta de importación/trasformación de datos (ELT), para logo introducir ferramentas como Dagster e DBT. Como tema de exemplo usaremos os datos oficiais de resultados electorais de España.

PyConES 2024 - actualización [21:00]

Comentaremos todo o referente aos pasos iniciais da organización da PyConES 2024, falaremos dos grupos de traballo e os seguintes pasos.

Lightning Talks [21:15]

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.