Este luns as mentes argalleiras de OPRobots virán compartir con nós as súas vivencias, experiencias e aprendizaxes nos últimos tempos coa fabricación de máis dunha treintena de robots de competición.

Este equipo de robótica Galego amosaranos as melloras que foron facendo e as cousas que teñen pensado para o futuro próximo.

Unha charla informal na que coñecer a súa peculiar forma de afrontar os retos e imprevistos e de contaxiarnos co seu enxeño e creatividade.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.