O vindeiro sábado 1 de Xullo de 17:00 a 20:00 organizamos un Repair Café no Café UF.

E que é isto dos Repair Café (repaircafe.org)?

Pois ben, a idea é que traidades ese vello ordenador que xa non usades ou que considerades que xa comeza a ir lento para que vos ensinemos como darlle unha segunda vida.

E se tes algún outro aparello electrónico que queirades arranxar… dínolo no formulario e veremos que podemos facer :)

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Máis info sobre nós en: Repair Café Vigo

Organiza: A Industriosa
Colaboran: Informática Solidaria, IEEE UVigo e Enxeñería Sen Fronteiras

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).