Fai tempo, decidimos deseñar e encargar camisetas para os socios de A Industriosa. Non só coma un elemento identificativo da pertenza a un colectivo, senón para levar orgullosos o nome do noso proxecto a diferentes competicións e outros eventos.

Daquela houbo socios que quedaron sen ela, e por outra banda, a familia medrou coa incorporación de novos socios que tamén desexan ter a súa camiseta. Por iso, decidimos volver facer un novo encargo.

Coa novidade de que esta vez, aínda que non sexades socios, tamén podedes facervos coas camisetas de A Industriosa. Porque sabemos que moitos de vós, nos levades no corazón, e é un xeito de demostrar, que ó voso xeito, tamén sodes parte deste proxecto colaborativo.

Se queres reservar a túa camiseta, tes ata o 17 de xullo para cubrir o seguinte formulario, e gardarémosche os talles que precises: https://forms.gle/C4yQ1CWjTc7Zo6bc6

Non é preciso abonar ningún custe ata que veñas recoller o teu pedido. As camisetas non se envían porque é unha boa excusa para que veñas polo local a facernos unha visita.

Se polo que fose, non puideses achegarte polo local, fáinolo saber contactando con nós en info@aindustriosa.org e buscaremos o mellor xeito de poder facer que chegue as túas mans.