O próximo 19 de Xulio, 18:30 en adiante, volvemos as Katas de Rust da Industriosa, esta vez será algo diferente.

Esta vez revisaremos o código feito por algúns membros das últimas Katas e asi tratar de facer algunha mellora e aprender dunha aplicación real.

O proxecto é o seguinte: GitLab

Teremos os contribuidores do proxecto para que nos presenten o proxecto e nos poidan resolver dúbidas.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).