O equipo de robots sigueliñas de A Industriosa organiza a terceira sesión dos talleres para o desenvolvemento dun firmware para competición na categoría de velocistas da OSHWDem escrito en linguaxe Rust.
O equipo de robots sigueliñas de A Industriosa está a organizar a quinta sesión dos talleres para o desenvolvemento dun firmware destinado á competición na categoría de velocistas da OSHWDem, elaborado no linguaxe Rust.
O sábado 8 de xuño, levarase a cabo na sede da asociación a cuarta sesión, na que se fará un repaso dos temas tratados nas sesións anteriores (se non puidestes asistir estades a tempo de apuntarvos ;) ) e se elixirá un novo tema para seguir a traballar na implementación do firmware. O formato da sesión será de tipo programación en equipo ou “mob programming”, no que todos os participantes contribuirán en debates e colaborarán na toma de decisións da implementación.
Os asistentes deberán traer un ordenador portátil con sistema operativo Linux no que poder instalar as ferramentas para programar en Rust. As placas, programadores e demáis hardware necesario para os talleres serán proporcionados por A Industriosa.
Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware se poden atopar no Github de A Industriosa:
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA-board
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro sábado 8 de xuño entre as 11:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).