Rural Hackers é un movemento que nace no rural galego co obxectivo de crear unha comunidade aberta e diversa onde as persoas poidan aprender e desenvolver as súas habilidades en diversas disciplinas, como tecnoloxía, arte ou creatividade.

A plataforma busca inspirar ás persoas a crear novos proxectos que axuden a revitalizar o rural a través de ferramentas como a tecnoloxía e a convivencia nun espazo de vivenda colaborativa (Anceu coliving na aldea de Anceu en Ponte Caldelas, Pontevedra).

Durante a charla, falaremos sobre as residencias de Rural Hackers, onde traemos a persoas de todo o mundo para desenvolver proxectos que teñan un impacto positivo no noso entorno.

Tamén compartiremos a experiencia do noso proxecto Pegadas do Recordo, no que traballamos con 24 persoas de 11 nacionalidades diferentes para recuperar o patrimonio invisible e material da aldea a través de material audiovisual e tecnoloxía NFC en colaboración coa veciñanza do pobo.

Presentaremos asimesmo os resultados do noso proxecto Europeo, Curiositech, onde xunto con 25 persoas de 5 países diferentes, desenvolvemos 4 sitios web para ONGs locais a través da iniciativa Do_Action da Fundación WordPress.

Por último, contaremos os nosos seguintes pasos para empezar a crear un pequeno espazo maker na Casa do Pobo de Anceu en colaboración con The Making Room en Blackburn (Inglaterra).

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Máis info en ruralhackers.com.