O Obradoiro de Robótica é unha actividade destinada a alumnado de ESO/Bacharelato, entre 12 e 16 anos cuxo propósito é utilizar esta solución tecnolóxica para familiarizarlle coa programación, o pensamento computacional e a robótica educativa. mBot-2 é un robot baseado en tecnoloxía ESP-32 que se pode programar con mBlock-5, software derivado de Scratch e que permite empregar programación visual con bloques ou textual con Python. Contén motores, LEDs RGB, pantalla a cor (con joystick e botóns), sensor de luz, altofalante, micrófono, xiróscopo/acelerómetro, sensor de distancia e sensor segue-liñas e capacidades de comunicación via WiFi/Bluetooth.
O obxectivo do taller é formar aos participantes, en robótica, programación e actividades de competición tecnolóxica utilizando ferramentas libres.
O obxectivo do taller é preparar un equipo para participar na 7ª edición da Competición de Robots da EEI (eei.robots.webs.uvigo.es/) que se celebrará o 19 de abril na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Esta participación estará condicionada á inscrición dun mínimo de 4 participantes no taller.
Traballaranse os seguintes apartados:
• Sesión 1: toma de contacto, montaxe e test do robot e análise das regras para coñecer a fondo as probas para realizar (buscando a súa optimización “ao límite”)
• Sesión 2: funcionamento do hardware (robot “mBot2”, escollido pola organización)
• Sesións 3-7: programación, tanto do hardware como da lóxica das probas (bloques/python)
• Sesións 3-7: desenvolvemento incremental, cun proceso de mellora continua
• Sesións 8-9: simulacións e ensaios
Propoñeránselles desafíos opcionais para que poidan traballar entre sesións nas súas propias casas.
A Industriosa proporcionará o material para realizar o obradoiro.
A actividade será os vindeiros luns, do 19 de febreiro ao 15 de abril, de 17:00 a 18:30 no local da Industriosa. A Industriosa non se responsabilizará da participación ou traslado dos menores na 7ª edición da Competición de Robots da EEI (Escola Enxeñería Industrial) da Universidade de Vigo, que se realizará o 19 de abril no CUVI.
O custo da participación no taller é gratuíta (prazas limitadas) e para formalizala debe de facerse por email no enderezo (COMPLETO) achegando cuberta a autorización de menores (Autorizacion_Menores.pdf)
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).