Por fin estamos de volta para un evento presencial! ao aire libre por suposto.
Cumprindo todas as medidas e protocolos COVID-19, o próximo día 7 de agosto celebraremos un obradoiro
de LoRaWAN no que se abordarán varios retos para dotar de rede e servizos LoRaWAN un muiño rural.
Para comezar haberá unha charla introdutora do grupo TTN Vigo. Unha vez finalizada propoñeranse varios retos para abordar en grupos de traballo reducidos.
A grandes rasgos, estos son:
- Dotar ó emprazamento de cobertura LoRaWAN e conectividade con TTN.
- Desenvolver unha serie de sensores para obter datos do entorno.
- Recolectar datos dende TTN e disponibilizalos para visualización en web.
Cada reto estará preasignado a un grupo de 3 persoas (máximo). Como moito abriranse 12 prazas (máis organización).
O evento será levado a cabo ao aire libre nunha finca enorme que o noso socio Carlos ten en Ponteareas.
O anfitrión, Carlos, deleitaranos coa súa famosa paella. Acéptase que os asistentes leven entrantes e postres para complementar, se traedes rapaces, avisade para telo en conta a nivel organizativo.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.
Non dudibides en rexistrarte na seguinte ligazón: Rexistro Obradoiro LoRaWAN