Achegamos nesta entrada os datos do obradoiro que celebraremos no local o sábado 22 de xaneiro de 10 a 13 horas.

Neste obradoiro abordaremos o proxecto de deseño e creación de aparatos de fabricación propia para medir a concentración de CO2 e medir o nivel de ventilación dun espacio.

Con esta medida indirecta podemos determinar o risco de contaxio en caso de compartilo con persoas infectadas: unha ventilación suficiente reduce de forma dramática o risco (menos do 1%).

Traballaremos diversos aspectos, dende unha pequena parte teórica e técnica, ate o uso práctico dos propios sensores empregando Arduino/ESP-8266. Falaremos tamén do sentido e valor da autofabricación fronte a productos comerciais.

O obxectivo do obradoiro é adquirir coñecementos e vagaxe suficente para poder abordar despois a creación de candanseu propio aparato. O traballo farase por grupos, xa que contamos con poucos sensores, e os protipos resultantes quedarán na propia Industriosa para o seu emprego e maior seguridade.

Requisitos: ordenador propio. Ainda que non son imprescindibles, outras habilidades e coñecementos que poden ser valiosos coma programación (visual por bloques tipo Scratch, ou textual tipo Arduino/Python/C/C++), deseño 3D, recollida de datos remotos (http, mqtt, …), deseño/creación artística, legal etc. etc.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).