Embedded Rust é algo que está crecendo moito nos últimos meses. En febreiro, comezaremos un Kata Mensual onde todos traballamos en diferentes proxectos mentres aprendemos Embedded rust.

Para estas sesións non é necesario ter coñecementos previos, e a axenda dos katas será a seguinte:

9:30 - 10:00 -> Almorzo nunha cafetería cercana.
10:00 - 12:00 -> Pair-programming de prototipo.
12:00 - 13:30 -> Introdución/Presentación de calquera tema específico (Testing, CI, depuración, etc.)
13:30 - 14:00 -> Recapitulación e votación da presentación do seguinte tema.

Teremos unha introdución e unha configuración do contorno de desenvolvemento no primeiro kata (25 feb) levada a cabo por Eloy Coto. Nos próximos katas Eloy será o presentador dos seguintes temas, así que cun mes de vantaxe; pode preparar o documento/exemplos, etc. En cada Kata, propondrase un novo tema para discutir. As sesións de programación serán por parellas, e asi ter tempo suficiente para compartir/preguntar/facer cousas cos demais.

O obxectivo principal é que algúns teñan un pequeno proxecto que construír. Os proxectos preferiblemente que esten baseados en STM32 (ARM) ou ESP32 (RISC-V), polo que o soporte é suficientemente bo. Respecto dos periféricos, temos algúns no taller, pero recomendo encarecidamente mercalos todos con antelación, polo que pode ser fácil de facer.

En canto ao hardware de referencia, que sería bó que cada un levara:

– STM32F4XX
– ESP32

Todas as katas serán o terceiro sábado do mes, no caso de Febreiro empezamos o último debido ao carnaval.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).