Algunha vez te sentiches perdido no labirinto das redes de Kubernetes? Pods, services, ingress… paquetes de datos voando por todas partes!
Este meetup vai desenredar os misterios e aventurarte máis aló da interfaz CNI de Kubernetes.
Únete a Antonio Ojea, un enxeñeiro de software de Google e un dos principais contribuidores de Kubernetes, nunha explicación do funcionamento oculto da rede de kubernetes.
Neste charla abordarase:
• O funcionamento do kube-apiserver
• A exploración de kubelet, e como xestiona as conexións en cada pod.
• Ir un pouco mai alá do básico, e descubre aspectos menos coñecidos de Kubernetes.
Antonio Ojea leva carios anos traballando no stack de networking de Linux. Agora mesmo traballa como enxeñeiro de software en Google, e antes pasou por empresas tan importantes como Midokura, Suse ou Red Hat.
Non perdas esta oportunidade de subir de nivel os teus coñecementos sobre Kubernetes.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).