Será o vindeiro 24 de abril na Industriosa de 19:30 a 21:00.
A fabricación aditiva é un conxunto de técnicas de fabricación modernas (década dos 80) que se basan na adición de material para a creación de pezas. Inda que nos seus inicios o seu uso restrinxíase á fabricación de prototipos, algunhas técnicas son capaces de crear productos completamente funcionais.
Na actulidade a liberación das patentes e creación de máquinas máis sinxelas fai que sexan accesibles para uso doméstico e para pequeñas empresas. Neste obradoiro coñecerás as diferentes técnicas de impresión 3D e fabricación por diferentes métodos.
Centrarémonos nas técnicas FDM (coñecidas como impresión 3D) vendo o funcionamento das mesmas, e cales serían os primeiros pasos e erros habituais para poder evitalos. Tamen daremos nocións básicas de FreeCAD, un dos programas libres máis empregados para o deseño 3D de prototipos.
Requirimentos: non fai falla nada, pero se queres podes traer o ordenador con Prusa-Slicer e FreeCAD instalados, xa que serán explicados durante o obradoiro.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).