O equipo de traballo de loita contra o COVID-19 da Industriosa, baixo as indicacións do Dr. David Mosquera, intensivista da UCI do Centro Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo, e coordinando as probas con Javier Pazó, chegaron a un deseño válido para a fabricación dunha peza que permite a multiplicación e uso simultáneo dos respiradores de UCI por parte de máis dun paciente.

O deseño ten a particularidade de ser fácilmente imprimible nunha impresora 3D convencional, permitindo gran axilidade para a fabricación rápida de pezas aló onde se necesiten. O proxecto é Open Source e está disponible para a súa descarga na seguinte ligazón: https://github.com/aindustriosa/Pezas-respiradores-Y