O vindeiro xoves 15 de maio, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos un Open Space de vibe coding, unha nova maneira de programar utilizando ferramentas de intelixencia artificial.
Falemos de Vibe Coding
Un encontro informal para compartir proxectos, ideas e trucos de programación coa IA.
Lightning Talks
Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Máis información en python-vigo.
