De volta aos coding dojo. Esta vez, poñémonos a amoblar unha parede e queremos escoller a mellor combinación de módulos do noso provedor sueco favorito.
Que imos facer nesta sesión?
Pois programaremos en pequenos equipos un configurador de armarios, traballando con Test Driven Development nas nosas linguaxes favoritas.
Se podes, traete o teu computador portátil. Se non podes, tampouco pasa nada, pois seguramente teremos suficientes para o exercicio.
Haberá faladoira post-evento?
Por suposto, despois do meetup teremos o noso momento distendido de conversa, como debe ser.
Xa sabedes como o facemos grazas aos nosos colaboradores Boardfy e Qualifyze.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
