Xornadas de portas abertas en setembro
Novo mes, nova actividade!
Durante setembro imos probar un novo tipo de actividade: As xornadas abertas. Ata o comezo da pandemia abríamos as portas martes, mércores e sábado para que os socios poideran traballar nos seus proxectos, botar unha man a alguén ou ir botar unha parrafada sen maiores pretensións. Agora nos gustaría abrir tamén a outra xente interesada para que nos poida visitar os sábados de setembro de 11 a 14 horas, ver que facemos e botar unha man se se animan. Para que vos fagades unha idea, os socios veñen traballando en proxectos coma estes:
● Sistema de apertura remota e autenticada do local de A Industriosa.
● Máquina recreativa retro-gaming baseada en SW libre (libretro, libGDX, retroarch…).
● Barco autónomo a escala, empregando proxectos de Software Libre como OpenCV, Linux, Ardupilot…
● Proxectos educativos de programación de placas de desenvolvemento en uPython.
● Proxecto para o desenvolvemento de sensor CO2 Open Source baseado no proxecto CO2box https://github.com/felixgomez/co2box.
● Desenvolvemento de OpenPipe v2, instrumento musical MIDI OpenHardware.
A calqueira persoa que teña algo de inquietude e nos quera visitar é benvida. Os menores de idade deberán contar coa presenza dun adulto responsable. Debido as restriccións de aforo que debemos respetar, necesitaremos que nos avisedes con antelación de que ides vir.
Compartir