Publicado o Luns 2 de Febreiro de 2026

Xa está en marcha a VII Regata Solar!

Dende A Industriosa poñemos en marcha unha nova edición da carreira de barcos solares, organizada en colaboración con Marine Instruments e CETMAR, co obxectivo de impulsar a investigación científico-práctica en ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

A proposta é sinxela e moi motivadora: cada equipo deseña e constrúe unha embarcación radiocontrolada movida por enerxía solar, de pequeno tamaño (menos de 1 metro). O reto premia a creatividade, o desenvolvemento tecnolóxico, a eficiencia do deseño e, por suposto, a sostibilidade.

👉 Toda a información está na páxina https://aindustriosa.org/regatasolar/

Se tedes dúbidas ou precisades axuda, escribídenos sen problema a: regata@aindustriosa.org

Animádevos a participar e a navegar con enerxía solar! 🌞⚙️

Compartir