Luns 26 de Xuño de 2023

Robótica de competición: OPRobots, moita, moita proba e erro

Este luns as mentes argalleiras de OPRobots virán compartir con nós as súas vivencias, experiencias e aprendizaxes nos últimos tempos coa fabricación de máis dunha treintena de robots de competición.

Este equipo de robótica Galego amosaranos as melloras que foron facendo e as cousas que teñen pensado para o futuro próximo. 

Unha charla informal na que coñecer a súa peculiar forma de afrontar os retos e imprevistos e de contaxiarnos co seu enxeño e creatividade.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Compartir

Vídeos do evento
Xoves, 29 de Xuño do 2023

Robótica de competición: OPRobots, moita, moita proba e erro