Xoves 16 de Abril de 2026
Python Open Space
Este xoves 16 de abril temos unha nova reunión de Python Vigo en A Industriosa, a partir das 20:00.
Nesta ocasión non teremos unha charla principal, senón un open space aberto para compartir ideas, resolver dúbidas, ensinar proxectos, falar de ferramentas, experiencias ou calquera tema relacionado con Python que vaia xurdindo.
20:00 · Open space
Espazo aberto para conversar sobre Python, proxectos, ferramentas e comunidade.
21:10 · PyBirras
Despois achegarémonos a tomar algo a un local próximo para seguir falando nun ambiente máis informal.
Unha boa ocasión para vir, participar e coñecer máis xente interesada en Python en Vigo.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Compartir