Python, kata e almorzo
Evento informal, aberto a calquera persoa que se anime a participar e compartir unha hora de Python, café e / ou té.
Inspirados nos katayunos, dojos e actividades similares, reunímonos en grupos de 2/3 persoas para resolver un reto de programación, compartir e mellorar as nosas habilidades de Python.
Durante 90 minutos intentaremos resolver o reto, desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos enfoques do problema. Usaremos recursos como hackerrank.com ou leetcode.com.
Podes revisar edicións anteriores en github.
Só é necesario que veñas co desexo de compartir e aprender. Non é esencial traer un portátil e tampouco e imprescindible instalar Python xa que traballaremos en recursos online.
Se tes algunha dúbida, escríbenos!
Organizado por A Industriosa e coa colaboración de Python Vigo.
Compartir