Xoves 18 de Xuño de 2026
Python 3.15
Este xoves 18 de xuño temos reunión de Python Vigo en A Industriosa ás 20:00!
Python 3.15 está en camiño e trae consigo novidades moi interesantes. Nesta sesión repasaremos xuntos os principais cambios e melloras previstas para esta nova versión.
- Novidades de Python 3.15 [20:00]
Repaso das principais novidades e cambios que trae Python 3.15. - PyBirras [21:10]
Ao rematar, achegarémonos a tomar algo a un local próximo.
Unha boa ocasión para vir, participar e coñecer máis xente interesada en Python en Vigo.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Compartir