Con este proxecto pretendemos crear unha pequena plataforma educacional de xestión de enerxía solar baseada no Hardware e Software empregado por un dos equipos da Industriosa participante nas edicións 2018 e 2019 da Regata Solar de Marine Instruments coa que obtivemos a victoria en ambas edicións na categoría Open.
A idea é que o sistema sexa o suficientemente sinxelo de montar e integrar que poida ser usado polos equipos de estudantes.
A complexidade de construir un vehículo solar sen acumulación de enerxía radica en conseguir exprimir ó máximo as posibilidades do panel solar. Os paneles entregan enerxía eléctrica seguindo unha curva característica que fai necesaria unha xestión intelixente da demanda do sistema de propulsión. É necesario atopar o punto de máxima potencia: se demandamos menos do que o panel é capaz de entregar, desaproveitamos enerxía, e se demandamos máis do que é capaz de entregar, o panel vense abaixo e a potencia entregada cae dramáticamente ata provocar un apagado do sistema.
Hardware principal (PCB through-hole + módulos): Arduino Nano, INA219 e Bluetooth HC-05; conexións para entrada de panel solar, saída ao ESC, entrada de batería/receptor R/C, 4 entradas PWM do receptor e 4 saídas PWM (ESC/servos), ademais de jumpers JP1/JP2 para seleccionar rails de alimentación (+5V/Vin) nas liñas PPM.