Anos 2024-2025

Sistema domótica software e hardware libre

O obxectivo do proxecto era a elaboración e instalación de Home Assistant no local da asociación.

A modo de servidor central empregouse una Raspberry Pi 4. Esta é a encargada de recibir toda a información e gardar os datos así como executar as ordes dos accesos remotos. Por exemplo, prender luces, medir consumos, avisar da batería baixa de algún sensor …

A funcionalidade actual permite a monitorización de temperatura, humidade e consumo eléctrico do
local. Para a medición do consumo eléctrico desenvolveuse completamente desde cero un circuíto de
medición de 4 entradas, ampliable a 16 entradas, partindo do uso de ferramentas CAD “open source” para o deseño electrónico. O deseño básase nun ESP32 conectado os circuítos de saída do cadro eléctrico para monitorear o consumo instantáneo de cada unha das liñas do local.

Tras a fabricación da PCB do prototipo procedeuse á soldadura dos compoñentes e ao deseño e
impresión da carcasa en PLA con ferramentas de software libre.

E actualmente atópase instalado no cadro eléctrico da asociación. Está a medir, de momento, dous
dos circuítos de iluminación do local (en azul escuro e violeta na seguinte gráfica). Grazas a el podemos rexistrar os consumos, crear un histórico de consumos e xestionar o consumo das máquinas cando se esten empregando.

Nestes momentos, vistos os resultados, estamos en disposición de afirmar que o deseño é funcional,
que podemos controlar desde a web do Home-Assistant da Industriosa os obxectivos que se
expuxeron inicialmente no proxecto e que temos capacidade para monitorizar e controlar moitos máis elementos dos esperados inicialmente grazas ao uso que nos permite facer das tecnoloxías “open-
source” ESPHome e ZigBee, empregadas neste proxecto.

Posteriormente, nunha segunda etapa deste proxecto introducíronse sensores de movemento e reles controlados por Zigbee para controlar as luces da zona sucia do local, a sala contigua a esta e a zona de impresión 3D. Grazas a isto as luces préndense sin interruptor e non se apagan ata que estas deixan de notar presenza.

Como futuro deste proxecto, quérese controlar as luces da sala grande. Esto crea unha gran desafío za que prentende controlar 8 interruptores dende unha pequña caixa eléctrica que da accionamento a case 20 tubos LED. O deseño desta nova placa ten que xestionar, multiples saídas nun espazo moi reducido polo que sera necesario, outra vez, deseñar unha placa a medida.

Compartir

Máquinas utilizadas

Genmitsu 3018-PROVer

CNC controlada por GRBL con un área de traballo de 300x180x56mm. Ideal para traballos en plásticos, madeira, fresado de PCB´s…

Rigol DS1054Z

Osciloscopio dixital de 4 canles analóxicas, ancho de banda de 100 MHz

Tevo Tarantula

Impresora 3D de volumen 235x235x250mm con klipper

ESTACION SOLDADORA E AIRE QUENTE ZD-912

Estacion de reparacion multifuncion, soldadora e de aire quente ZD-912 adecuada para soldar e desoldar compoñentes incluídos os SMD.