O obxectivo do proxecto RustyBugA (https://github.com/aindustriosa/RustyBugA) é continuar os proxectos do equipo de robótica de competición da Industriosa facendo un firmware Open Source escrito en Rust para os seus sigueliñas. A idea é aproveitar para o hardware os deseños dos robots sigue liñas xa feitos polo equipo e con licencia aberta (https://github.com/pcounhago/mightybuga-board) e facer unha serie de talleres de programación dos robots.