Ano 2024

Recicladora de PLA

A extrusora-bobinadora é unha máquina que fai un todo nunha soa. Realmente son dúas máquinas
situadas no mesmo soporte.
Por un lado temos a tolva e o husillo-calefactado, que é que funde o plástico, por outro un motor e
ventiladores que arrefrían e guía o filamento e u outra que sería a encargada de bobinar o produto
resultante nun carrete. Para construíla consta de numerosas pezas unhas teñen que ser mercadas
como a placa controladora, parafusos, husillos e outras impresas coa axuda dunha impresora 3D (isto
faise así para reducir o número de compoñentes mercado e reducir o impacto de fabricación) .
Para obtelas fixeron falta 2 bobinas de filamento PETG, similar o das botellas de auga. En total
empregáronse aproximadamente 1,8 kg de PTEG recomendado para soportar temperatura e
desgastes do movemento do bobinado e tardaron en total unhas 60 horas de impresión e varias
sesións pola cantidade de pezas xa que non podían ser impresas todas nunha soa tirada.
Aparte das pezas impresas precisase perfís de extrusión de aluminio. Estes son reciclados de outros
proxectos que caeron en desuso ou perfís doados por algunha empresa. Empregouse un de 20×40
mm de 500mm de lonxitude, outro de 20×20 mm de 400 mm de lonxitude, dous de 20×20 de 300 mm
de lonxitude e dous de 200 mm de lonxitude. Os perfís foron colocados en forma de H para a base
cos perfís de 400mm e 300mm respectivamente.

No centro da H colocase o longo e os curtos o a modo de brazos. Sobre a parte principal foi situada a
tolva na parte superior e husillo co seu motor na parte superior del e o bloque calefactor rodeándoo.
O final do husillo e o tubo guía vai colocada a boquilla que ten o diámetro de 1,75mm, para que o filamento sexa compatible coas máquinas dispoñibles na Industriosa. Se alguén quere un diámetro
superior só tería que cambiar a boquilla. Pola parte de atrás do perfil onde vai colocado o husillo
situase a electrón que vai controlar todos os compoñentes. Na parte inferior vai colocada a pantalla e
un ventilador para arrefriar o produto que sae da boquilla. No brazo esquerdo situase o outro husillo e
motor que fará xirar este encargados de guiar o filamento para conseguir un correcto bobinado
filamento no carrete. Este en controlado polo software da máquina. Debaixo deste brazo situase o
porta carretes das bobinas. E no brazo dereito situase un ventilador, que garante que o filamento esta
sólido e un pequeno motor de corrente continua que empurra o filamento e tira del para que saía o
máis homoxéneo posible da boquilla.
Despois todos os compoñentes electrónicos foron conectados a placa controladora situada nos pasos
previos na parte de atrás da máquina. Como último paso, instalouse o software, coa axuda dun
ordenador, na placa controladora. Unha vez está todo instalado a máquina é capaz de sacar bobinas
a partir de impresións erróneas ou de pellets de plástico reciclado.

Compartir

Máquinas utilizadas

Ender 5 Plus

Impresora de gran espazo de traballo 350x350x400 con Klipper.

Tevo Tarantula

Impresora 3D de volumen 235x235x250mm con klipper

P3Steel XL

Impresora 3D ideal para impresión de pezas grandes e prototipos de enxeñaría con guías lineais.