Proxecto de micromouse de competición de tamaño reducido e baseado en tecnoloxías totalmente abertas. O micromouse basease no microcontrolador STM32F405RGT6 acompañado dunha unidade de medición inercial MPU9250, 4 emisores e sensores infravermellos para a deteción de paredes, pontes H DRV8835 para o control de motores, encoders magnéticos AS5145B para control de motores en bucle pechado e control para ventilador de sución. Todo isto integrado nun robot de pequeno tamaño e capaz de competir en labirinto de tipo “half size” con celas de 9×9 centimetros.
Ó longo deste ano traballouse principalmente na parte mecánica do robot probando distintas alternativas para a fabricación de soportes, eixos, engranaxes e todo o necesario para soportar os motores e caixas redutoras que permiten o movemento do robot de xeito controlado, preciso e o máis importante, o máis rápido posible. Neste sentido probáronse soportes de distintos materiais para tratar de cumplir cos requisitos de tolerancias na fabricación ademais de soportar as condicións de temperatura que impoñen os motores no seu réxime de traballo. Implementáronse mecánicas impresas en resina que resultaron non ser de todo precisas debido a deformacións durante o proceso de impresión e posterior curado. Ademaís o material resultante amosou fraxilidade non sendo axeitado para partes mecánicas suxeitas a desgaste. Por outra banda estase a traballar tamén nunha alternativa que permita mecanizar as pezas con CNC en distintos materiais como plasticos de alta densidade ou metais como latón ou aluminio. Este proceso é de gran importancia para a asociación pois permitirá no futuro dispoñer do coñecemento para a fabricación de pezas de gran precisión en materiais moi resistentes. Isto supón unha boa ferramenta para distintos tipos de proxectos pero é principalmente interesante para a fabricación de partes mecánicas para robots de competición.
Ademáis comezouse a traballar tamén nun novo taboleiro para a creación de labirintos onde poder facer as probas do robot intentando optimizar o encaixe das pezas para facerlo facilmente adxustable.
Ainda que non se acadou un resultado que permitise participar en ninguna competición durante esta anualidad avanzouse de forma considerable no deseño do robot e seguirase a traballar coa fin de poder participar nos campionatos de robots do ano 2025.