Ano 2024

Impresoras con Klipper

Temos no local distintas impresoras que de fábrica teñen equipadas co firmware Marlin. Ainda que son de marcas comerciais, unha Ender 5 Plus e unha Tevo Tarantula, actualizamos partes da mecánica así como as placas por unhas novas BTT SKR 1.4 Turbo de 32 bit coa idea de actualizar os drivers por uns TMC2209 moito máis silenciosos que os orixinais.

Mediante una Raspberry PI, tendo a opción de instalar OctoPrint como servidor de impresión para usar con Marlin, decidimos probar con Klipper (https://www.klipper3d.org/) unha alternativa a Marlin que tamén é software aberto e que usan as impresores de nova xeración o que resulta en impresións moito mas rápidas e de maior calidade.

Unha vez instalado e configurado Klipper na Raspberry PI é necesario crear os firmwares que leva cada unha das impresoras eliminado o antigo Marlin co que viñan equipadas.  Deste xeito a Raspberry pasa a ser a responsable de enviar os comandos e controlar o funcionamento das impresoras sustituido a Marlin. Isto permite executar na Raspberry todos os calculos de movementos e aceleracións o que en resumo abre a porta ó uso de algoritmos máis potentes e complexos que melloran a resposta da impresora en canto a calidade e velocidade de traballo e que no pasado eran inviables debido á falta de potencia das controladoras integradas nas máquinas.

Ademáis mediante una RP2040 cun acelerometro, o Klipper pode facer test de resonancia de cada impresora permitiendo compensar as vibracións propias da estrutura de cada máquina, dando como resultado unhas impresións moito mas fiables e sen os defectos xerados por vibracións ou aceleracións.

Unha vez instalado e configurado en cada impresora, a mellora é considerable. De non poder pasar inicialmente duns 50mm/s chegamos na actualidade a 100mm/s con moito mellor calidade que antes, e sen apenas ruido gracias o drivers silenciosos.

A idea é seguir instalando Klipper nas outras dúas impresoras que temos no local e seguir optimizando as configuracións para mellorar o rendemento do parque de máquinas dispoñible.

Compartir