Unha réplica do DSKY (Display/Keyboard), o panel de control do ordenador das cápsulas Apollo, cun software que permite utilizalo para apertura remota de portas, e outros elementos de control domótico.
O repositorio inclue os deseños 3D en Freecad, a placa de LEDs en formato KiCad, e todo o software, que inclue:
- un servizo linux para que as teclas sexan recoñecidas coma un dispositivo de entrada estándar, ademáis de ler sensores I2C de temperatura e humidade
- o código básico que mostra a data e hora na pantalla, emulando a apariencia do DSKY orixinal, e módulos para cámara de porta, mostrar vídeos, control de temperatura… (escrito en HTML/JavaScript)
- Un navegador web simple, baseado en WebkitGtk2, para correr o código básico a pantalla completa
- O software para un ESP32Cam, para utilizalo como cámara de porta