Ano 2024

A Industriosa Branding

O obxectivo do proxecto foi o de combinar os logos dos nosos patrocinadores coa instalación de domótica do local baseada en Home Assistant. Para isto fabricáronse uns paneis interactivos que puidesen reaccionar ó estado do local, dando maior visibilidade as actividades da asociación e creando unha decoración no pasillo de entrada. O obxectivo era facelo empregando fabricacióin dixital e ferramentas libres para o deseño, así como microcontroladores para a xestion dos leds de cada panel, unha ESP32 para controlar todos mediante I2C e una Raspberry Pi para mostrar na pantalla eventos e outra información da asociación.

Como software para o deseño dos paneis usouse o Inkscape para deseño 2d, FreeCad para o deseño 3D, LightBurn para o corte laser e PrusaSlicer para o laminado de piezas para a fabricación en impresión 3D.

A parte de electrónica diseñouse en KiCad e con modsprojects e UGS fabricamos as PCBs.

Para programar os microcontroladores Attiny412 e o ESP32 usamos a última versión do Arduino IDE.O Panel con patalla leva una Raspberry Pi 5, unha pantalla TFT de 7” e ademáis un ESP32. Ten un autoarranque do Raspbian que lanza un navegador web, con un interface web para lanzar mediante frames distintos tipos de contidos, como pode ser eventos de A Industriosa, o Home Assistant e a monitorización que temos do local, así como o mapa de Fab Labs: http://fmcu.fablabs.io

Compartir

Máquinas utilizadas

Genmitsu L8 40W

Cortadora laser 400x400mm de 40W, adecuada para cortar madeira fina, cartón, acrílico negro e gravar sobre múltiples materiais

Ender 5 Plus

Impresora de gran espazo de traballo 350x350x400 con Klipper.

Genmitsu 3018-PROVer

CNC controlada por GRBL con un área de traballo de 300x180x56mm. Ideal para traballos en plásticos, madeira, fresado de PCB´s…